Cando falamos desta obra estamos a falar dun dos grandes clásicos da literatura europea, así como dunha das novelas máis versionadas e levadas ao cine da historia, motivo polo cal moita xente se plantexa non lela.
Alicia no País das Marabillas é unha desas obras nas que, por moi fiel que sexa a súa adaptación, a xenialidade do libro sempre estará un paso por enriba de calquera nova versión, e este xa me parece motivo abondo para ler a xenial historia escrita por Lewis Carroll.
Dende o meu punto de vista máis persoal teño que dicir que a fantasía, e en xeral, o sen sentido é un xénero que non soporto, pero esta obra fíxome abordalo dende un punto de vista distinto. Penso que este tipo de historias non están feitas para darlle alguna clase de sentido aos feitos que acontecen, senón para buscar nos mesmos o obxectivo da obra. Considero que Lewis Carroll pretendía mostrar os nosos soños, especialmente durante a infancia, que moitas veces ao espertar nos parecen xeniais, coma saídos dunha película, aínda que carezan de sentido ningún.
Para todos aqueles lectores que lembren con agarimo a súa infancia este é un bon momento para rememorala non só coa lectura do libro, senón tamén co recordo das tardes de aventuras que vivías cos teus amigos da infancia simplemente deixándote levar pola imaxinación e escapando do escuro aburrimento.
Tamén recomendo moito a obra para todo aquel que lle guste a historia e queira coñecer o pensamento das clases populares da poderosa Inglaterra da raíña Vitoria: Lewis Carroll transpórtate a unha caricaturización dos personaxes máis característicos da época.
Espero que desfrutedes da lectura.
Luis Iglesias García
Grazas pola túa achega, moi interesante!
ResponderEliminar